sábado, 23 de mayo de 2020

NOVA APLICACIÓN DE GOOGLE

ACTION BLOCKS é a nova aplicación de accesibilidade de Google destinada a persoas con discapadidade intelectual que pode ser descargada dende calquera dispositivo con Android 5.0. ou superior. Para saber máis sobre esta aplicación preme no seguinte enlace:



jueves, 21 de mayo de 2020

USO DE MASCARILLA

O Boletín Oficial do Estado mediante esta orde regula as condicións para o uso obrigatorio de mascarilla:



jueves, 14 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O próximo domingo 17 de maio, conmemórase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, unha celebración que se leva a cabo dende 1963 para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación no idioma galego ou pola defensa de dita lingua. Este ano, esta conmemoración adícaselle a Ricardo Carvalho Calero, por iso deixámosvos esta pequena homenaxe dos Bolechas ao autor para que lle botedes unha ollada esta fin de semana:

martes, 12 de mayo de 2020

COMO VOS SENTIDES?

A intelixencia emocional é a capacidadede entender, tomar conciencia e manexar as nosas emocións e as das demais persoas, por iso queremos saber como te sintes. Cubre o seguinte cuestionario anónimo e dalle a enviar. Anímate!!!


viernes, 8 de mayo de 2020

A EDUCACIÓN NO TEMPO DE CONFINAMENTO

O Equipo de Orientación Específico de Lugo como servizo de asesoramento e colaboración co Departamento de Orientación achega esta guía para as familias:


                                                                      GUÍA EOE

sábado, 2 de mayo de 2020

DIA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR


O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar, unha efeméride que ten como obxectivo concienciar á poboación sobre os diferentes canles para evitar a violencia nos centros escolares e dos riscos do bullying, un enemigo que se nutre de soedade, tristeza e medo.


Deixamos esta curtametraxe para que poidades observar a realidade que están a vivir moitos nenos e nenas e así poder evitala :