martes, 15 de febrero de 2022

DÍA MUNDIAL DO CANCRO INFANTIL

Hoxe, Día Mundial do Cancro Infantil, rendemos homenaxe a tod@s nen@s con cancro a través da campaña solidaria "Pañuelo Challenge" da Fundación Aladina animando a toda a comunidade educativa, alumn@s, nais e pais a amosar a súa solidariedade e a colaborar mediante unha actividade doada e divertida:

 1. Convidamos á comunidade educativa a vir ao colexio cun pano na cabeza.
 2. O alumnado decorou o seu propio pano nas plantillas que nos proporcionou a asociación.
 3. O alumnado compartirá esta iniciativa coas súas familias e as animarán a facer unha doazón para colaborar coa mesma.

 O noso obxectivo é aportar o noso gran de area para que @s nen@s con cancro nunca perdan o sorriso.