miércoles, 31 de marzo de 2021

FELIZ DÍA DA VISIBILIDADE TRANSEXUAL

Dende o ano 2014 cada 31 de marzo celébrase o Día Internacional da Visibilidade Trans, que ten como  finalidade crear conciencia e sensibilizar á poboación para rematar coa discriminación cara as persoas transxénero. Trátase de reivindicar e loitar por unha educación no respecto e coñecemento da diversidade afectivo-sexual e de xénero.

En decembro de 2019 a banda Trezor presenta ao público unha canción que acompaña a historia real de Cloe, unha nena trans que dende a súa primeira infancia non se identifica co sexo que lle ofreceu o destino. Con esta canción a banda busca romper roles sociais e escénicos a través da súa música e arte visual.



A Asociacion de Familias de Menores Trans "Chrysallis" pon a disposición do público contos de libre descarga aos que podedes acceder premendo no seguinte enlace:

domingo, 21 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

A Xunta conmemora o Día Mundial do Síndrome de Down coa iluminación de monumentos emblemáticos da nosa comunidade como a Torre do Reloxo na Catedral de Santiago, a Torre de Hércules en A Coruña, a Catedral de Ourense, a Catedral de Lugo e o Convento de San Francisco en Pontevedra. Toda Galicia lucirá o símbolo que representa a Down Galicia.

A maiores aquí vos deixo o himno oficial de Down Compostela (2018)  "Tres en raia" de A Banda da Loba: 



domingo, 14 de marzo de 2021

14 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS ALTAS CAPACIDADES.

Únete á celebración do Día Internacional das Altas Capacidades para concienciar á sociedade do recoñecemento, divulgación e aceptación d@s nen@s con altas capacidades.


Baixo o hastag #AACCniñasinvisibles tamén queremos destacar a gran diferenza que hai entre a porcentaxe de homes e mulleres valorados de altas capacidades intelectuais a pesar de que hai estudos que demostran que non existe unha desigualdade de xénero na distribución intelectual da poboación.

lunes, 8 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Aquí vos deixo un video explicativo do porqué se celebra o día 8 M, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.


 
A continuación tamén vos deixo unha serie de libros para traballar cos máis peques da casa. Preme nos seguintes enlaces:

https://youtu.be/KkIV5-rdlHU "EL PRÍNCIPE CENICIENTO"



vimeo.com/55523227 "LA PELUCA DE LUCA"