jueves, 26 de octubre de 2023

"Cuquitas pola diversidade"

A idea xeral desta actividade é sensibilizar ao alumnado de 1º e 2º de E.P. a través do xogo de que a diversidade cultural é sinónimo de respectar as diferentes identidades culturais e entendelas como unha gran oportunidade de aprendizaxe. Para iso cada alumno/a vestiu ao seu gusto unha Mariquita (bonecas/os de papel chamadas en Cuba "Cuquitas"), sendo conscientes da sorte que temos de vivir nunha sociedade multicultural e dos recordos que cada persoa leva na súa maleta. ❤
Moitas grazas a FADAS por organizar este proxecto "Un mundo mellor para as nosas crianzas" en colaboración coa Deputación de Lugo.