miércoles, 17 de junio de 2020

FELIZ VERÁN!!!

E seguindo coa NOSA HISTORIA , durante este periplo, o Porquiño maior convertiuse no máis astuto, a valentía viuse reflexada nos ollos do Gato con Botas, o Frautista de Hamelín tocou a súa frauta ao son da honestidade. A loita, a constancia e o amor foron os sinais de identidade de Cincenta, Brancaneves definiu a verdadeira amizade , Carapuchiña Vermella recorreu un camiño feito con anacos de responsabilidade, un refacho de esperanza saíu das entrañas da Bela Durminte  e Pinocho definiu con maestría o fermoso valor do respecto.

Todos estes soños cumpridos, viñeron acompañados dunhas aprendizaxes esenciais que nos acompañarán durante toda a vida e os valores permanecerán en nós, fortes coma unha casa de ladrillo ou coma unha cesta de vimbio, saudables coma unha mazá de cor vermella, duradeiros coma unha madeira ben tratada, preciosos coma uns zapatos de baile ou unhas botas, en definitiva, coma o doce son dun belo instrumento.

E colorín colorado en setembro continuamos os contos non rematados.


Feliz verán!!!!