viernes, 26 de febrero de 2021

USO RESPONSABLE DOS VIDEOXOGOS

Dende o estado de alarma por crise sanitaria Covid-19 a actividade dixital dos menores aumentou considerablemente por iso vos deixo aquí unhas recomendacións para facer un bo uso dos videoxogos no fogar:


domingo, 21 de febrero de 2021

#DíaInternacionaldaLinguaMaterna

A Xunta de Galicia e a rede de Dinamización Lingüística  vén sumándose á celebración do Día Internacional da Lingua Materna desde o ano 2010. Este día foi proclamado pola Conferencia Xeral da Unesco en 1999 e celébrase anualmente desde o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingïsmo e a diversidade cultural. Preme no seguinte enlace e accede a magníficos recursos para cantar, xogar e gozar en galego! https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos


sábado, 20 de febrero de 2021

#ContosConfinados#laculturasigue

O Museo de Pontevedra pon a disposición dos máis cativos da casa, sesións de contacontos virtuais que poderedes seguir cada sábado ás 10:00h dende o perfil de Facebook e a páxina web do Museo de Pontevedra:http://museo.depo.gal/

Estas sesións incluirán nas súas propostas narracións, cancións e ata un pequeno obradoiro de debuxo para que as pequenas e pequenos realicen dende os seus domicilios seguindo os vídeos.

As actuacións programadas serán interpretadas en lingua de signos pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga).

Coñece a nosa cultura galega!!!





viernes, 19 de febrero de 2021

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Os estereotipos de xénero son axentes de desigualdade e discriminación entre sexos, por iso consideramos fundamental taballalo en tódolos ámbitos para poder  erradicalos e evitar situacións de violencia familiar, falta de equidade, discriminación e desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Déixovos unha imaxe do taboleiro do noso centro con algunhas recomendacións de libros sobre esta temática.



jueves, 18 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER #HazEspacio

A Confederación Autismo España coa campaña #HazEspacio trata de impulsar a igualdade de oportunidades na cidadanía para acceder ao emprego dende unha formación de calidade. Preme no seguinte vídeo para acceder ao evento:



 

lunes, 15 de febrero de 2021

RESPONSABILIDADE EMOCIONAL

Si te atopas, triste, desgustado, descontento, desesperanzado, frustrado…. por non poder desfrutar do entroido na rúa este ano, recorda facer uso da MAXIA DAS APERTAS:



 

jueves, 11 de febrero de 2021

#NoMoreMatildas

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, por iso vos deixo aquí o movemento #NoMoreMatildas, unha campaña  iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) co obxectivo de recuperar referentes  científicos femininos e fomentar a vocación científica en nenas e adolescentes.



Para denunciar este inxusto feito, lanzaron unha colección de contos ilustrados, nos que se pode imaxinar como sería a vida dalgúns científicos brillantes si fosen mulleres. Podedes descargar os contos premendo no seguinte enlace: 
                                      
                              https://www.nomorematildas.com/libros


martes, 9 de febrero de 2021

XOGOS DE MESA EN FAMILIA

Aquí vos deixo unha selección de xogos de mesa para potenciar a educación emocional de forma lúdica, divertida e en familia.



sábado, 6 de febrero de 2021

LECTURA EN FAMILIA

Continuando coa educación emocional dos máis pequenos da casa, a continuación propóñovos as seguintes lecturas en familia:








 

martes, 2 de febrero de 2021

CINE EN FAMILIA

Debido a que continuamos vivindo momentos complicados xerados pola situación da pandemia e que as rutinas d@s nen@s cambiaron drasticamente, propóñovos unhas recomendacións de cine en familia que vos axudarán a xestionar as emocións que plantexa esta situación actual.








lunes, 1 de febrero de 2021

SEMANA DO 1 AO 7 DE FEBREIRO

Boas!! Deixo unhas actividades de lengua para traballar un pouquiño desde casa. Moito ánimo!!!

 Descripciones: ¿Quién es? 

(SEGUIR ESTOS PASOS: PINCHAR EN INFANTIL, TAREA 15, ACTIVIDAD: ¿QUIÉN ES?)

Busca su contrario 

(SEGUIR ESTOS PASOS: PINCHAR EN INFANTIL, TAREA 13, ACTIVIDAD: BUSCA SU CONTRARIO)

Palabra intrusa, no empieza igual 


Agora, para Sociais, veremos un pequeno vídeo para coñecer un pouquiño máis as sinais de tráfico!!

Sinais de tráfico 

 

Vémonos pronto!!