miércoles, 15 de febrero de 2023

DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

Un ano máis colaboramos coa Fundación Aladina na campaña "Pañuelo Challenge". A través desta campaña queremos invitar ao noso alumnado a reflexionar sobre a importancia da solidariedade, mediante unha actividade fácil e divertida, ao mesmo tempo que aportamos o noso gran de area para que os nenos e nenas con cancro non perdan o sorriso.

A actividade consistiu no seguinte:

  1. O alumnado e profesorado tivo que vir ao colexio con un pano na cabeza en apoio aos nenos e nenas con cancro.

  2. O alumnado diseñou o seu propio pano na aula e o levou para a casa para poder compartir coas súas familias a iniciativa, animalas a facer un donativo e así colaborar na investigación desta enfermidade.