domingo, 23 de abril de 2023

A QUE SABE A LÚA?

Grazas ao traballo en equipo, ao tesón e ao compartir unha meta en común sabemos que a UNIÓN FAI A FORZA! Estes son os valores que nos transmite este marabilloso conto narrado polos nos@s alumn@s coas profes Eva e Ruth.

Feliz Día do Libro! 😍😍😍😍






jueves, 20 de abril de 2023

LA FÁBRICA DE ETIQUETAS

Unha mamá do noso cole, dentro do programa "Lectura e Familias", veu a contarlle ao alumnado o conto "La fábrica de etiquetas", onde un malvado bruxo, un exército de corvos e unhas etiquetas son os protagonistas desta historia. Esta mamá o que lles intentou explicar aos nenos foi que é moi doado pór unha etiqueta pero logo custa moito quitala e que unha simple palabra non resume o que realmente somos.
A continuación fíxolles  unha actividade na que cada un tiña que escribir nunha folla en branco as etiquetas que eles mesmos tiñan postas polos seus compañeiros, logo enrugáronas e lanzáronas á fabrica para así poder destruílas. 
Por unha infancia libre de etiquetas!!!! Mil gracias Alba por este día 😍😍😍.





domingo, 2 de abril de 2023

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O pasado venres levamos a cabo no noso cole a carreira ENKI, unha carreira de obstáculos lúdica pero non competitiva. O noso obxectivo é promover a inclusión a través do xogo e dar visibilidade as persoas con diversidade funcional. 

CORRE POR UN MUNDO IMPERFECTO!!!😍😍😍😍😍😍😍

Máis info no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=iSzS1rsxA28

Covasmola 2.0