O próximo domingo 17 de maio, conmemórase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, unha celebración que se leva a cabo dende 1963 para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación no idioma galego ou pola defensa de dita lingua. Este ano, esta conmemoración adícaselle a Ricardo Carvalho Calero, por iso deixámosvos esta pequena homenaxe dos Bolechas ao autor para que lle botedes unha ollada esta fin de semana:
jueves, 14 de mayo de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
martes, 12 de mayo de 2020
COMO VOS SENTIDES?
A intelixencia emocional é a capacidadede entender, tomar conciencia e manexar as nosas emocións e as das demais persoas, por iso queremos saber como te sintes. Cubre o seguinte cuestionario anónimo e dalle a enviar. Anímate!!!
viernes, 8 de mayo de 2020
A EDUCACIÓN NO TEMPO DE CONFINAMENTO
O Equipo de Orientación Específico de Lugo como servizo de asesoramento e colaboración co Departamento de Orientación achega esta guía para as familias:
sábado, 2 de mayo de 2020
DIA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar, unha efeméride que ten como obxectivo concienciar á poboación sobre os diferentes canles para evitar a violencia nos centros escolares e dos riscos do bullying, un enemigo que se nutre de soedade, tristeza e medo.
Deixamos esta curtametraxe para que poidades observar a realidade que están a vivir moitos nenos e nenas e así poder evitala :
Suscribirse a:
Entradas (Atom)