viernes, 19 de febrero de 2021

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Os estereotipos de xénero son axentes de desigualdade e discriminación entre sexos, por iso consideramos fundamental taballalo en tódolos ámbitos para poder  erradicalos e evitar situacións de violencia familiar, falta de equidade, discriminación e desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Déixovos unha imaxe do taboleiro do noso centro con algunhas recomendacións de libros sobre esta temática.



jueves, 18 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER #HazEspacio

A Confederación Autismo España coa campaña #HazEspacio trata de impulsar a igualdade de oportunidades na cidadanía para acceder ao emprego dende unha formación de calidade. Preme no seguinte vídeo para acceder ao evento:



 

lunes, 15 de febrero de 2021

RESPONSABILIDADE EMOCIONAL

Si te atopas, triste, desgustado, descontento, desesperanzado, frustrado…. por non poder desfrutar do entroido na rúa este ano, recorda facer uso da MAXIA DAS APERTAS:



 

jueves, 11 de febrero de 2021

#NoMoreMatildas

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, por iso vos deixo aquí o movemento #NoMoreMatildas, unha campaña  iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) co obxectivo de recuperar referentes  científicos femininos e fomentar a vocación científica en nenas e adolescentes.



Para denunciar este inxusto feito, lanzaron unha colección de contos ilustrados, nos que se pode imaxinar como sería a vida dalgúns científicos brillantes si fosen mulleres. Podedes descargar os contos premendo no seguinte enlace: 
                                      
                              https://www.nomorematildas.com/libros