Estes días, chegou ao noso centro a seguinte noticia:
Dende o Departamento de Orientación e tamén dende varias aulas, decidimos enviarlles o noso agarimo e desexarlles un Bo Nadal a través das nosas postais. 🎄⭐😍
O alumnado de 1º e 2º desfrutou un montón co programa “Dálle ao Pico” onde Lolo, a mascota da biblioteca, entrevistou aos nenos e nenas sobre a diversidade funcional. Con esta entrevista descubrimos que o mundo está cheo de persoas, animais e cousas,...que non hai ningunha igual e que todas as diferenzas fan que cada persoa sexa única. ❤❤❤❤❤❤❤.
O noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria no contexto lingüístico traballaron sobre o dano psicolóxico que se lle fai ás mulleres pola súa forma de vestir ou polo seu aspecto físico. Aí vos vai unha pequena mostra ❤❤❤❤❤