martes, 14 de marzo de 2023

TALLER DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL

Hoxe Ruth, a nosa mestra de Audición e Linguaxe, imparitu un taller para as familias coa finalidade de potenciar e estimular a adquisición da linguaxe dende os fogares. 💕💕💕💕   


                                            




miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, homenaxeamos a Mercedes Rodicio, pediatra no Servizo Galego de Saúde, que lle impartiu unha clarla ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria sobre a importancia da alimentación e un estilo de vida saudable.😍



jueves, 2 de marzo de 2023

TEMOS UN NOVO RECANTO!

No 2º andar temos un novo recanto para  o desenvolvemento das competencias emocionais do alumnado, tendo este como finalidade o benestar emocional persoal e social. Para iso o alumnado dispón de diversos materiais:

  • Fidgets como por exemplo: strechys, pot its, snappers sensoriais, dimples, spinners, cubos sensoriais,.....
  • Luz ultravioleta.
  • Xoguetes lastrados.
  • Xogos de lóxica.
  • Masas sensoriais.
  • Libros.



miércoles, 15 de febrero de 2023

DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

Un ano máis colaboramos coa Fundación Aladina na campaña "Pañuelo Challenge". A través desta campaña queremos invitar ao noso alumnado a reflexionar sobre a importancia da solidariedade, mediante unha actividade fácil e divertida, ao mesmo tempo que aportamos o noso gran de area para que os nenos e nenas con cancro non perdan o sorriso.

A actividade consistiu no seguinte:

  1. O alumnado e profesorado tivo que vir ao colexio con un pano na cabeza en apoio aos nenos e nenas con cancro.

  2. O alumnado diseñou o seu propio pano na aula e o levou para a casa para poder compartir coas súas familias a iniciativa, animalas a facer un donativo e así colaborar na investigación desta enfermidade.