miércoles, 7 de febrero de 2024
miércoles, 24 de enero de 2024
DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN
Hoxe o noso alumnado de 3º de Educación Primaria recibiu unha sesión de aprendizaxe de Lingua de Signos con apoio e reforzo educativo asistido por unha cadela chamada Vilma, Rosa a terapeuta e José Ángel e Begoña, dous usuarios de ASPANANE.
Continuamos apostando por unha educación inclusiva e equitativa!
MIL GRAZAS ASPANANE 😍😍😍😍😍😍❤❤❤❤❤
viernes, 12 de enero de 2024
PLAN DIXITAL FAMILIAR DA AEP
Dende a Asociación Española de Pediatría nos informan dos riscos do mal uso do mundo dixital e dunhas recomendacións xerais para toda a familia:
Por esta razón ofrecen unhas propostas baseadas en recomendacións científicas para poñer límites na familia e que poderedes elixir nas seguintes ligazóns:
Como podemos facer o Plan Dixital? https://plandigitalfamiliar.aeped.es/index.php?m=1
Como cumplimentar o Plan Dixital? https://plandigitalfamiliar.aeped.es/plandigitalfamiliar.php
viernes, 15 de diciembre de 2023
CP INCLÚE EMOCIÓNA-T: XOGANDO COAS EMOCIÓNS
A través do CP Inclúe-Emocióna-t, o xoves e venres, o alumnado de Primaria participou no cole duns obradoiros sobre as emocións. Da man de "La Ciudad Educativa" de Burela, adentráronse na xestión emocional a través do xogo, seguindo as premisas do noso Covasmola 3.0:
- Unha escape room para 3º, 4º, 5º e 6º. A historia da escape room é a seguinte: os alumnos/as foron seleccionados por un laboratorio científico para participar nun programa experimental sobre emocións. Sen embargo, un accidente no laboratorio provocará un escape dun gas que afectará emocionalmente a toda a humanidade e só quedarán eles/as para atopar o antídoto. Pero teñéno que facer antes de 40 minutos senón queren que esa situación sexa permanente. Os que mantiveron a calma e traballaron en equipo, conseguiron superalo, pero non tod@s...
- Un Pictionary emocional para 1º e 2º onde cada grupo representa unha escea (sen falar) sobre unha emoción e o resto terá que adiviñar cal é esa escea e como a xestionaría. Dase un punto por descubrir a situación inicial e outro pola resposta máis orixinal (que deciden entre profesorado e o grupo que represente nese momento). O grupo que máis puntos obtivo foi nominado como o "Delegados emocionais da clase". Fixérono xenial!




































