lunes, 22 de abril de 2024

BECAS NEAE 24-25

Pódese solicitar a BECA para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. 

Para acceder a toda a información da tramitación preme na seguinte ligazón:https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html



viernes, 19 de abril de 2024

ESCOLA DE FAMILIAS "APRENDER XOGANDO"

Hoxe as nosas familias desfrutaron dun marabilloso taller de xogos de mesa. Neste taller tiveron a oportunidade de xogar, probar e coñecer diferentes xogos co asesoramento de Kiko e Cris de "Chafaris".

Que importante é  aprender xogando!💗💗

Moitas grazas! 😍



miércoles, 13 de marzo de 2024

ENCONTRO PROVINCIAL DE DEPORTE ADAPTADO E INCLUSIVO

Hoxe o noso alumnado de 5º e 6º de E.P. viaxou a Lugo á segunda actividade das Xornadas de Deporte Adaptado organizadas pola asociación ENKI, alí tiveron a gran sorte de probar diferentes deportes e materiais deportivos adaptados, rotando  por diferentes estacións  todas elas dirixidas por entidades deportivas locais, deportistas con diversidade funcional e o equipo ENKI. 💕💕💕💕💕











miércoles, 7 de febrero de 2024

XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO

Hoxe recibimos a primeira actividade das Xornadas de Deporte Adaptado impartidas pola Fundación ENKI. O alumnado de 5º e 6º de E.P. tivo o pracer de ter un acercamento a deportistas con diversidade funcional coñecendo de primeira man as súas traxectorias.
Moitas grazas ❤❤❤❤❤