martes, 11 de junio de 2024

DELEGACIÓN EN VIVEIRO DA FUNDACIÓN INGADA

Despois da exitosa ponencia impartida o pasado 8 de maio no IES MARÍA SARMIENTO sobre TDAH, a Fundación INGADA (Instituto Galego  do TDAH e Trastornos Asociados)  decidiu establecer unha delegación en Viveiro para dar cobertura ás familias e educadores/as de toda A Mariña que poidan estar interesados/as.

Polo de agora descoñecese a ubicación exacta pero deixámosvos toda a información para aquelas familias que poidan estar interesadas nestes grupos de axuda mutua co obxectivos de mellorar a calidade de vida das persoas con TDAH.

Preme na seguinte ligazón:  PROPOSTA MARIÑA LUCENSE

lunes, 22 de abril de 2024

BECAS NEAE 24-25

Pódese solicitar a BECA para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. 

Para acceder a toda a información da tramitación preme na seguinte ligazón:https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html



viernes, 19 de abril de 2024

ESCOLA DE FAMILIAS "APRENDER XOGANDO"

Hoxe as nosas familias desfrutaron dun marabilloso taller de xogos de mesa. Neste taller tiveron a oportunidade de xogar, probar e coñecer diferentes xogos co asesoramento de Kiko e Cris de "Chafaris".

Que importante é  aprender xogando!💗💗

Moitas grazas! 😍