miércoles, 20 de noviembre de 2024

FORMACIÓN TEA

Hoxe desfrutamos dunha  formación sobre estratexias para traballar na aula con alumnado TEA impartida por Dagmar Gabriela Nedelcu. Encantounos   😍😍😍😍😍😍



 

martes, 29 de octubre de 2024

AULA SNOEZELEN

Este curso creamos un espazo para estimular os sentidos e mellorar a capacidade do alumnado para procesar e responder á información sensorial, clave para o desenvolvemento de habilidades  como a regulación emocional e as habilidades motoras e sociais.  💙💚💛💜💖


              











martes, 11 de junio de 2024

DELEGACIÓN EN VIVEIRO DA FUNDACIÓN INGADA

Despois da exitosa ponencia impartida o pasado 8 de maio no IES MARÍA SARMIENTO sobre TDAH, a Fundación INGADA (Instituto Galego  do TDAH e Trastornos Asociados)  decidiu establecer unha delegación en Viveiro para dar cobertura ás familias e educadores/as de toda A Mariña que poidan estar interesados/as.

Polo de agora descoñecese a ubicación exacta pero deixámosvos toda a información para aquelas familias que poidan estar interesadas nestes grupos de axuda mutua co obxectivos de mellorar a calidade de vida das persoas con TDAH.

Preme na seguinte ligazón:  PROPOSTA MARIÑA LUCENSE