miércoles, 17 de junio de 2020

FELIZ VERÁN!!!

E seguindo coa NOSA HISTORIA , durante este periplo, o Porquiño maior convertiuse no máis astuto, a valentía viuse reflexada nos ollos do Gato con Botas, o Frautista de Hamelín tocou a súa frauta ao son da honestidade. A loita, a constancia e o amor foron os sinais de identidade de Cincenta, Brancaneves definiu a verdadeira amizade , Carapuchiña Vermella recorreu un camiño feito con anacos de responsabilidade, un refacho de esperanza saíu das entrañas da Bela Durminte  e Pinocho definiu con maestría o fermoso valor do respecto.

Todos estes soños cumpridos, viñeron acompañados dunhas aprendizaxes esenciais que nos acompañarán durante toda a vida e os valores permanecerán en nós, fortes coma unha casa de ladrillo ou coma unha cesta de vimbio, saudables coma unha mazá de cor vermella, duradeiros coma unha madeira ben tratada, preciosos coma uns zapatos de baile ou unhas botas, en definitiva, coma o doce son dun belo instrumento.

E colorín colorado en setembro continuamos os contos non rematados.


Feliz verán!!!!

jueves, 28 de mayo de 2020

INFORMACIÓN SOBRE A ETAPA DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Para coñecer máis sobre a etapa da Educación Secundaria Obrigatoria preme no seguinte enlace:

sábado, 23 de mayo de 2020

NOVA APLICACIÓN DE GOOGLE

ACTION BLOCKS é a nova aplicación de accesibilidade de Google destinada a persoas con discapadidade intelectual que pode ser descargada dende calquera dispositivo con Android 5.0. ou superior. Para saber máis sobre esta aplicación preme no seguinte enlace:



jueves, 21 de mayo de 2020

USO DE MASCARILLA

O Boletín Oficial do Estado mediante esta orde regula as condicións para o uso obrigatorio de mascarilla: