lunes, 25 de abril de 2022

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Para celebra o Día do Libro acendimos unha linterna con luz negra para ver o conto "¿Qué bigotes me pasa?" de Olga de Dios dunha forma moi diferente. Un conto narrado a través de rimas onde a intelixencia emocional se basa no recoñecemento dos síntomas de cada unha das emocións. 
No seguinte vídeo podedes ver que ben o pasaron representando cada emoción a través dos seus debuxos 😍😍😍😍:



 

jueves, 7 de abril de 2022

IMOS Á COMPRA!

 Mañá celebramos o "Mercado de Primavera" no noso cole por iso hoxe fumos facer a compra.

Que ben o pasamos!!😍😍😍😍😍


 


jueves, 24 de marzo de 2022

21 MARZO DÍA INTERNACIONAL DO SINDROME DE DOWN

Para conmemorar o 21 de marzo, Día Internacional do Síndrome de Down, o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria foron convidados polo Concello de Viveiro á proxección da película "Valentina" no Teatro Pastor Díaz. Unha película galega de animación, dirixida por Chelo Loureiro, e nomeada ao mellor largometraxe de animación nos Premios Goya.






miércoles, 9 de marzo de 2022

CHARLA DE EDUCACIÓN AFECTIVA E SEXUAL

 Hoxe o alumnado de 6º de Educación Primaria tivo o pracer de recibir unha charla de educación afectiva e sexual impartida polo Dr. Miguel Francisco Rodríguez Piñán. Canto aprendimos!!!! 😍😍😍😍😍