martes, 27 de enero de 2026

" CUQUITAS POLA DIVERSIDADE"

Nesta actividade, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria aprendeu a través do xogo que todas as persoas somos diferentes e que esa diversidade nos enriquece e fai o mundo máis fermoso. Falamos de culturas distintas, de costumes e formas de vivir diferentes, e da importancia de respectar, escoitar e valorar a cada persoa tal e como é.

Ao longo da sesión, reflexionamos tamén sobre todo o que podemos aprender uns doutros, entendendo que cada persoa trae consigo unha historia única chea de experiencias, saberes e emocións.

Como parte da actividade, cada neno e nena vestiu a súa propia Mariquita —bonecas e bonecos de papel coñecidos en Cuba como Cuquitas— do xeito que máis lle gustou, expresando a súa creatividade e imaxinación. A través deste xogo simbólico, tomamos conciencia da sorte que temos de vivir nun lugar onde conviven persoas de diferentes países, culturas e historias, que gardan na súa “maleta” vivencias que nos axudan a crecer como comunidade.

Unha experiencia moi enriquecedora que promoveu valores como a diversidade, a convivencia, a empatía e o respecto ❤️

Moitas grazas a FADAS e á Deputación de Lugo por facer posible esta actividade.





lunes, 8 de diciembre de 2025

HORARIOS VISUAIS

Continuamos coa implementación de ferramentas visuais. Pasiño a pasiño imos facendo o noso cole máis visual e inclusivo!!! 👀

Xa están funcionando en todas as aulas os HORARIOS VISUAIS: permiten ao alumnado saber o que van facer en cada momento, como se vai desenrolar a xornada escolar e as sesións ou actividades que quedan por facer, o que facilita a anticipación e comprensión de situacións e aporta tranquilidade a todo o alumnado, xa que "ALGÚNS O NECESITAN PERO TODOS BANEFÍCIANSE".

O alumnado segue a ser parte activa do uso desta ferramenta:

Nas aulas de infantil, ao finalizar a asemblea, o encargado ou encargada é o responsable de ir montando o horario poñendo os pictogramas e as fotos do profesorado que incide en cada sesión, nunhas tiras horizontais de velcro. Cando van pasando as sesións vai retirando os pictogramas.





- En primeiro e segundo de Primaria é o mesmo procedemento en tira horizontal con pictogramas pero xa sen as fotos do profesorado. Os encargados do día son os responsables de colocar os horarios e ir retirando os pictogramas.



En terceiro, cuarto, quinto e sexto xa cambia o formato e os colocan en vertical no encerado, ademais van escribindo á beira de cada sesión as actividades que van facer ao longo da mañá. 








viernes, 14 de noviembre de 2025

ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN

Durante esta semana leváronse a cabo diversas actividades de sensibilización e educación en valores, organizadas por Coeduca en colaboración coa ANPA do colexio. Estas sesións tiveron como obxectivo fomentar a igualdade, o respecto, a convivencia positiva e a coeducación entre o alumnado.

As propostas desenvolvéronse a través de obradoiros participativos e dinámicas adaptadas ás diferentes idades, nas que o alumnado puido reflexionar sobre estereotipos de xénero, roles sociais e resolución pacífica de conflitos, promovendo unha actitude crítica e comprometida coa igualdade de oportunidades.

A colaboración entre Coeduca e a ANPA contribuíu a implicar a toda a comunidade educativa, favorecendo unha aprendizaxe compartida e o fortalecemento dos valores de respecto e corresponsabilidade no ámbito escolar e familiar. 😍😍😍.







martes, 11 de noviembre de 2025

XOGOS POPULARES INCLUSIVOS

Este luns celebramos o Magosto no cole e fixemos xogos populares. Cada xogo estaba indicado con carteis con Pictogramas e as instrucións tamén con Pictogramas pola parte de atrás. 

Seguimos traballando por facer o noso cole máis inclusivo e visual!!! 💙💚🧡❤️💜