lunes, 8 de diciembre de 2025

HORARIOS VISUAIS

Continuamos coa implementación de ferramentas visuais. Pasiño a pasiño imos facendo o noso cole máis visual e inclusivo!!! 👀

Xa están funcionando en todas as aulas os HORARIOS VISUAIS: permiten ao alumnado saber o que van facer en cada momento, como se vai desenrolar a xornada escolar e as sesións ou actividades que quedan por facer, o que facilita a anticipación e comprensión de situacións e aporta tranquilidade a todo o alumnado, xa que "ALGÚNS O NECESITAN PERO TODOS BANEFÍCIANSE".

O alumnado segue a ser parte activa do uso desta ferramenta:

Nas aulas de infantil, ao finalizar a asemblea, o encargado ou encargada é o responsable de ir montando o horario poñendo os pictogramas e as fotos do profesorado que incide en cada sesión, nunhas tiras horizontais de velcro. Cando van pasando as sesións vai retirando os pictogramas.





- En primeiro e segundo de Primaria é o mesmo procedemento en tira horizontal con pictogramas pero xa sen as fotos do profesorado. Os encargados do día son os responsables de colocar os horarios e ir retirando os pictogramas.



En terceiro, cuarto, quinto e sexto xa cambia o formato e os colocan en vertical no encerado, ademais van escribindo á beira de cada sesión as actividades que van facer ao longo da mañá. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario