MARTES, 9 DE XUÑO DE 2020
...e así chegamos, e rematamos!!! O fin de curso máis raro de todos os vividos xa está aquí!
Tes varias cousas que facer esta semana:
TAREFA 1: Remata todas as fichas e actividades propostas e envíamas ao cole . Xa sabes de que forma!
TAREFA 2: Fai as reflexións do seguinte documento nun folio e envíame a foto por correo ou "wasap".
TAREFA 3: Envíame un vídeo, ou faime unha videochamada por "wasap", lendo unha páxina dun conto. O que queiras.
MARTES,2 DE XUÑO DE 2020
E pasiño a pasiño...xa estamos en xuño! Pouco nos queda para rematar...así que imos rematar as tarefas pendentes. Esta semana deixovos pouca tarefa, tan solo unhos xogos para repaso...
MARTES, 26 DE MAIO
Continuamos repasando as mates, esta semana facemos as páxinas 13 a 21( e xa as rematas así...):
E de Lengua, continua facendo as seguintes cinco lecturas de comprensión lectora (16,17,18,19,20):
MARTES, 19 DE MAIO
Xa vai chegando o bon tempo e xa podemos saír máis a gusto da casa, pero non esquezas adicar un anaquiño do día a repasar e facer unhas poucas de fichas! Esta semana, fai as páxinas 6 a 12 das de mates:
E de Lengua, continua facendo as seguintes cinco lecturas de comprensión lectora (11,12,13,14,15):
MARTES, 12 DE MAIO
E chegou o momento de rematar as fichas que teñas atrasadas. Recorda que tes que enviarme aquel traballo que tes feito na casa, e acabar todo o que teñas sen facer. Esta semana sólo terás a maiores as cinco primeiras páxinas destas fichas de mates que che chegarán á casa.
E de Lengua, continua facendo as seguintes cinco lecturas de comprensión lectora:
Martes, 5 de maio de 2020
Ola! Xa estamos eiquí de novo...pasiño a pasiño chegamos ao mes de maio. Esta semana propoñoche realizar as cinco primeiras lecturas (1,2,3,4,e 5) coas súas actividades do seguinte enlace:
Esta semana sairá por fin o vídeo de "Xa é primavera no CEIP Plurilingüe de Covas", no que seguro que participache. Necesito que collas papel e lápiz e me escribas a túa opinión do mesmo...se te sorprendeu, se che gustou, se te fixo rir ou chorar, que foi o q non che gustou, que botas en falta...todo o que che faga sentir e se che ocorra. Se queres, podes enviarme unha foto, ou escribirmo por "wasap". Pídelle o teléfono a mamá ou papá e que che boten unha man!
E non esquezas repasar as mates!:
(Preme en iniciar presentación para xogar)
Martes, 28 de abril de 2020
Xa queda menos para rematar esas fichas que tes pola casa. E eso merece un paseo ahora que podes. Recorda gardalas ben para poder levalas ao cole cando regresemos, e cumpre as normas cando saias a tomar o aire á rúa!
Esta semana, propoñemosche estas actividades online no teu ordenador, ou tablet:
Escribe o teu propio conto! Xa verás que divertido!
E non nos esquecemos de practicar as mates!
TÚNEL DE LAVADO
e practicamos un pouco a atención con estos enlaces:
Puzzle zanahoria
Puzzle Caperucita
Recuerda 5
Buscar el igual
conceptos básicos
Martes, 21 de abril de 2020
Empezamos por un agasallo: sube o volume e a bailaaaar!!!
E agora...a traballar un pouquiño!
Actividades escritas: continúa realizando as páxinas correspondentes a esta semana do caderno que tes impreso:
No hay comentarios:
Publicar un comentario