sábado, 20 de febrero de 2021

#ContosConfinados#laculturasigue

O Museo de Pontevedra pon a disposición dos máis cativos da casa, sesións de contacontos virtuais que poderedes seguir cada sábado ás 10:00h dende o perfil de Facebook e a páxina web do Museo de Pontevedra:http://museo.depo.gal/

Estas sesións incluirán nas súas propostas narracións, cancións e ata un pequeno obradoiro de debuxo para que as pequenas e pequenos realicen dende os seus domicilios seguindo os vídeos.

As actuacións programadas serán interpretadas en lingua de signos pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga).

Coñece a nosa cultura galega!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario