miércoles, 31 de marzo de 2021

FELIZ DÍA DA VISIBILIDADE TRANSEXUAL

Dende o ano 2014 cada 31 de marzo celébrase o Día Internacional da Visibilidade Trans, que ten como  finalidade crear conciencia e sensibilizar á poboación para rematar coa discriminación cara as persoas transxénero. Trátase de reivindicar e loitar por unha educación no respecto e coñecemento da diversidade afectivo-sexual e de xénero.

En decembro de 2019 a banda Trezor presenta ao público unha canción que acompaña a historia real de Cloe, unha nena trans que dende a súa primeira infancia non se identifica co sexo que lle ofreceu o destino. Con esta canción a banda busca romper roles sociais e escénicos a través da súa música e arte visual.



A Asociacion de Familias de Menores Trans "Chrysallis" pon a disposición do público contos de libre descarga aos que podedes acceder premendo no seguinte enlace:

No hay comentarios:

Publicar un comentario