jueves, 20 de abril de 2023

LA FÁBRICA DE ETIQUETAS

Unha mamá do noso cole, dentro do programa "Lectura e Familias", veu a contarlle ao alumnado o conto "La fábrica de etiquetas", onde un malvado bruxo, un exército de corvos e unhas etiquetas son os protagonistas desta historia. Esta mamá o que lles intentou explicar aos nenos foi que é moi doado pór unha etiqueta pero logo custa moito quitala e que unha simple palabra non resume o que realmente somos.
A continuación fíxolles  unha actividade na que cada un tiña que escribir nunha folla en branco as etiquetas que eles mesmos tiñan postas polos seus compañeiros, logo enrugáronas e lanzáronas á fabrica para así poder destruílas. 
Por unha infancia libre de etiquetas!!!! Mil gracias Alba por este día 😍😍😍.





No hay comentarios:

Publicar un comentario