lunes, 19 de junio de 2023

FIN DE CURSO

 O alumnado do Departamento de Orientación elaborou as súas bolsas de tea reutilizada, coa axuda das profes do departamento, seguindo as premisas do noso Covasmola 2.0 e utilizando o material de Polos Creativos, para levar os traballos que fixeron durante o curso nas aulas de PT e AL.

Así de bonitas quedaron: 😍😍😍

E éste foi o proceso:

- Primeiro elexiron e recortaron as teas:


- A continuación chegou o momento de coser:





- Continuamos elexindo un debuxo para poñer na bolsa xunto co nome de cada un/unha e recortárona na Cricut:


- Plancharon o nome e o debuxo con moito coidadiño para que quedara pegado na bolsa:





E listas as nosas bolsas reutilizables para levar á casa cos traballos de PT e AL!!!! 👏👏👏









No hay comentarios:

Publicar un comentario