Xa tes moi vistas as actividades da semana pasada verdade? Pois veña, aquí che deixo unhas actividades novas para seguir traballando dende a casa! Ánimo!!!
Boas familia!!!! Xa estamos a piques de rematar este curso tan raro 😓, seguro que o que vén será moito mellor!!! 😃.
Onte, día 8 de xuño, foi o Día Mundial dos Océanos, por iso gustaríame deixarvos un conto que nos fala da importancia de coidar os nosos mares e océanos: AQUATIKA. A continuación tedes un material complementario que podedes descargar para colorear e recortar. Espero que vos guste e que nos faga reflexionar. 💭
Esta semana propoño facer algo diferente! Trátase dun reto no que tedes que colorear e recortar os vosos dados para contar historias e traballar a expresión oral. Tedes seis cubos diferentes (dous de personaxes, dous de lugares e dous de obxectos). Tedes que colorealos, recortalos e pegalos (podedes pedir axuda).
O reto consiste en utilizar un ou os dous dados de cada categoría e co que saliu, inventar un conto ou unha historia.
Podes grabarte contando a historia e envialo ao meu correo:
ruthfergra@edu.xunta.es ou ao meu teléfono, encantarame poder vervos!!!
Ola familias!!! Cómo estades? Para esta semana propoño un conto para traballar a relaxación, titúlase Respira, de Inés Castel-Branco, agardo que vos guste! 😊
Boas familia!!! O venres pasado foi o día das familias, por iso quero recomendarvos o conto "Un puñado de botones" de Carmen Parets Luque, que nos fala da diversidade familiar. Espero que vos guste! 😍
Ademais propoño as seguintes actividades para esta semana:
- CONTOS: Lectura en familia dos seguintes contos:
Boas, familia!!! Como estades? Seguro que mellor agora que podemos saír un pouquiño máis, pero con sentidiño. 😉 Estades a facelo xenial! 👏
Pasastes polo blogue da biblio? BIBLIOCOVAS. Os/as profes e personal non docente tamén quixemos ser Booktubers e recomendamos algúns dos nosos libros favoritos. 😍
Esta semana propoño as seguintes actividades:
- CONTOS: Lectura en familia dos seguintes contos:
Traballa a atención e a memoria a ritmo de esta coreografía:
LENGUA - LINGUA
Ola familia!!! Esta semana é especial, por fin podedes saír á rúa!!! 😍 Todo grazas ao voso esforzo 👏.
Propoño unha tarefa voluntaria: contade nun vídeo ou nun audio como foi ese primeiro paseo: cales foron as vosas emocións, por onde fixestes o paseo, con quen vos atopastes polo camiño,... o que queirades! Podedes enviar ademais unha foto ou un debuxo. Tedes o meu correo e teléfono na carta que vos mandaron as titoras. Ruth AL 😉
CONTOS: Propoño a lectura en familia dos seguintes contos para esta semana: