jueves, 20 de abril de 2023

LA FÁBRICA DE ETIQUETAS

Unha mamá do noso cole, dentro do programa "Lectura e Familias", veu a contarlle ao alumnado o conto "La fábrica de etiquetas", onde un malvado bruxo, un exército de corvos e unhas etiquetas son os protagonistas desta historia. Esta mamá o que lles intentou explicar aos nenos foi que é moi doado pór unha etiqueta pero logo custa moito quitala e que unha simple palabra non resume o que realmente somos.
A continuación fíxolles  unha actividade na que cada un tiña que escribir nunha folla en branco as etiquetas que eles mesmos tiñan postas polos seus compañeiros, logo enrugáronas e lanzáronas á fabrica para así poder destruílas. 
Por unha infancia libre de etiquetas!!!! Mil gracias Alba por este día 😍😍😍.





domingo, 2 de abril de 2023

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O pasado venres levamos a cabo no noso cole a carreira ENKI, unha carreira de obstáculos lúdica pero non competitiva. O noso obxectivo é promover a inclusión a través do xogo e dar visibilidade as persoas con diversidade funcional. 

CORRE POR UN MUNDO IMPERFECTO!!!😍😍😍😍😍😍😍

Máis info no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=iSzS1rsxA28

Covasmola 2.0














viernes, 31 de marzo de 2023

XOGANDO COAS EMOCIÓNS EN EDUCACIÓN INFANTIL

 En infantil traballan a diario as emocións co alumnado, tanto na asamblea coma en moitas actividades: 

-Actividades sobre o conto "O monstro de cores" na mesa de luz e co Beebot:







- Sesións de relaxación:


- Actividades de robótica sobre o conto: "La gran fábrica de las palabras":


- Agasallos para os aniversarios: botes cheos de palabras bonitas escritas pol@s compis:



jueves, 30 de marzo de 2023

Taller de Educación Emocional

 Taller de Educación Emocional

Esta semana, o martes e mércores, levamos a cabo un taller de Educación Emocional para Primaria, dentro do Contrato Programa CP Inclúe (Emocióna-t) e seguindo a liña de traballo do Proxecto Documental Covasmola 2.0. Da man do Equipo Psicopedagóxico "La Ciudad Educativa", adentrámonos no mundo das emocións, identificando as emocións básicas, recoñecéndoas e aceptándoas, escoitamos as ideas e opinións dos demás e aprendemos técnicas de regulación emocional a través da relaxación.