miércoles, 15 de octubre de 2025

ASOCIACION GUILLEM VEIGA IGLESIAS

Hoxe o alumnado de 4º de E.P. desfrutou do proxecto "Un mar de diversidade II",unha experiencia educativa e sensorial que convidou ao alumnado a mergullarse nun mar simbólico no que cada ser era distinto. A través de dinámicas interactivas, podían poñerse no lugar das persoas con diversidade funcional e experimentar os retos que deben superar no seu día a día.

Con este proxecto, a Asociación Guillem Veiga Iglesias, pretende que,  partindo da comparación entre as diferentes especies do mar, o alumnado teña a oportunidade de comprender e vivir a diversidade de maneira vivencial, fomentando a empatía, o interese polas diferenzas e a reflexión sobre as dificultades que atopan as persoas con diversidade funcional na sociedade.








martes, 6 de mayo de 2025

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

A Consellería de Educación puxo en marcha o programa "Pasando a bola, xogando para cambiar", unha actividade levada a cabo polo grupo A Xanela do Maxín, na que a través do xogo teatral coa colaboración do alumnado de 3º a 6º de E.P. como actores e actrices, se puxeron en escea diferentes formas de acoso escolar. De seguido o alumnado converteuse en parte activa do proceso aportando ideas para solventar as situacións representadas. ❤❤❤❤❤❤❤






miércoles, 30 de abril de 2025

BECAS NEAE CURSO 2025-2026

Ábrese o prazo para soclicitar a BECA para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo dende hoxe 30 de abril ata o 11 de setembro de 2025, ambos inclusive. Podedes atopar toda a información na seguinte ligazón: https://www.boe.es/boe/dias/2025/04/25/pdfs/BOE-B-2025-15040.pdf

A ligazón para a tramitación da axuda na sede electrónica é a seguinte: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2025.html

IMPORTANTE: a diferencia dos anos anteriores, coa solicitude NON se xerarań os anexos para que cubran os gabinetes externos, o centro contactará coas familias para que pasen a recoller os impresos unha vez que nos chegue a notificación de que a beca está tramitada.