martes, 11 de noviembre de 2025

XOGOS POPULARES INCLUSIVOS

Este luns celebramos o Magosto no cole e fixemos xogos populares. Cada xogo estaba indicado con carteis con Pictogramas e as instrucións tamén con Pictogramas pola parte de atrás. 

Seguimos traballando por facer o noso cole máis inclusivo e visual!!! 💙💚🧡❤️💜










 

lunes, 27 de octubre de 2025

ESCOLAS VISUAIS

 Este curso entramos no programa "Escolas Visuais". 👏👏👏👏👏

Ao longo de todo o curso, recibiremos formación específica para implementar diferentes ferramentas visuais que convertirán o noso cole nunha escola visual, máis inclusiva e accesible.

A primeira ferramenta que implementamos foi a sinalización: a nosa mascota da biblio, Lolo, foi a infantil  contar ao alumnado a importancia de sinalizar o noso cole con debuxos (pictogramas), en primaria xogaron ás adiviñas (headbanz), fixeron debates, xogos de rol,... para sensibilizar ao alumnado e o venres colocaron todos os carteis 😍😍😍.

Xa temos o noso cole completamente sinalizado!!! 🩵🩵

















miércoles, 15 de octubre de 2025

ASOCIACION GUILLEM VEIGA IGLESIAS

Hoxe o alumnado de 4º de E.P. desfrutou do proxecto "Un mar de diversidade II",unha experiencia educativa e sensorial que convidou ao alumnado a mergullarse nun mar simbólico no que cada ser era distinto. A través de dinámicas interactivas, podían poñerse no lugar das persoas con diversidade funcional e experimentar os retos que deben superar no seu día a día.

Con este proxecto, a Asociación Guillem Veiga Iglesias, pretende que,  partindo da comparación entre as diferentes especies do mar, o alumnado teña a oportunidade de comprender e vivir a diversidade de maneira vivencial, fomentando a empatía, o interese polas diferenzas e a reflexión sobre as dificultades que atopan as persoas con diversidade funcional na sociedade.