Dende o estado de alarma por crise sanitaria Covid-19 a actividade dixital dos menores aumentou considerablemente por iso vos deixo aquí unhas recomendacións para facer un bo uso dos videoxogos no fogar:
viernes, 26 de febrero de 2021
USO RESPONSABLE DOS VIDEOXOGOS
domingo, 21 de febrero de 2021
#DíaInternacionaldaLinguaMaterna
A Xunta de Galicia e a rede de Dinamización Lingüística vén sumándose á celebración do Día Internacional da Lingua Materna desde o ano 2010. Este día foi proclamado pola Conferencia Xeral da Unesco en 1999 e celébrase anualmente desde o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingïsmo e a diversidade cultural. Preme no seguinte enlace e accede a magníficos recursos para cantar, xogar e gozar en galego! https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos
sábado, 20 de febrero de 2021
#ContosConfinados#laculturasigue
O Museo de Pontevedra pon a disposición dos máis cativos da casa, sesións de contacontos virtuais que poderedes seguir cada sábado ás 10:00h dende o perfil de Facebook e a páxina web do Museo de Pontevedra:http://museo.depo.gal/
Estas sesións incluirán nas súas propostas narracións, cancións e ata un pequeno obradoiro de debuxo para que as pequenas e pequenos realicen dende os seus domicilios seguindo os vídeos.
As actuacións programadas serán interpretadas en lingua de signos pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga).
Coñece a nosa cultura galega!!!
viernes, 19 de febrero de 2021
BIBLIOTECA INCLUSIVA
Os estereotipos de xénero son axentes de desigualdade e discriminación entre sexos, por iso consideramos fundamental taballalo en tódolos ámbitos para poder erradicalos e evitar situacións de violencia familiar, falta de equidade, discriminación e desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Déixovos unha imaxe do taboleiro do noso centro con algunhas recomendacións de libros sobre esta temática.


