viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Os nosos alumnos queren tranmitirvos a importancia dos principios de igualdade, equidade e inclusión como valores fundamentais no noso día a día a través do seguinte vídeo:


martes, 6 de abril de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ

Hoxe queremos facer especial mención á participación activa no deporte de persoas con e sen discapacidade de maneira conxunta dende un plantexamento educativo e inclusivo,  dando así, un paso máis en igualdade e respecto de todos os colectivos.

Down España en colaboración coa Fundación Sanitas elaboran o seguinte vídeo no que se explica a importancia da actividade física e as vantaxes do deporte inclusivo:


viernes, 2 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O noso centro, ao igual que o curso pasado, tamén se suma baixo o lema Podo APRENDER. Podo TRABALLAR á campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o autismo 2020-2021 da Federación Autismo Galicia. 

Con estes debuxos o que pretenden os nos@s alumn@s  é dar  visibilidade  ao dereito das persoas con TEA a acceder a unha educación de calidade que facilite o seu acceso ao mercado laboral atendendo as capacidades e necesidades individuais de cada un.



Aproveitando que hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil, gustaríanos dar a coñecer o conto "El sorprendente mundo de Puzzlita" de Clara María Muñoz Rey- Stolle, onde a través de Puzzlita, unha nena con superpoderes, coñecerás as habilidades das persoas con autismo. A continuación deíxovos un vídeo do conto narrado pola autora.



miércoles, 31 de marzo de 2021

FELIZ DÍA DA VISIBILIDADE TRANSEXUAL

Dende o ano 2014 cada 31 de marzo celébrase o Día Internacional da Visibilidade Trans, que ten como  finalidade crear conciencia e sensibilizar á poboación para rematar coa discriminación cara as persoas transxénero. Trátase de reivindicar e loitar por unha educación no respecto e coñecemento da diversidade afectivo-sexual e de xénero.

En decembro de 2019 a banda Trezor presenta ao público unha canción que acompaña a historia real de Cloe, unha nena trans que dende a súa primeira infancia non se identifica co sexo que lle ofreceu o destino. Con esta canción a banda busca romper roles sociais e escénicos a través da súa música e arte visual.



A Asociacion de Familias de Menores Trans "Chrysallis" pon a disposición do público contos de libre descarga aos que podedes acceder premendo no seguinte enlace: